"el país de los estudiantes 2008"

Como algúns xa sabedes, un grupo de alumnos de 4º da ESO ven de rematar a súa participación no concurso que convoca cada ano o diario "el país" consistente na elaboración dun exemplar dun xornal con cinco seccións obligatorias, dirixido a alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. O equipo deste ano foi retratado por Beatriz Méndez, alumna de 4º ESO A:

O xornal pode atoparse en www.estudiantes.elpais.es, pero chegar a el é algo complicado. Hay que entrar en: edición actual> todos los periódicos> seleccionar provincia: pontevedra> Na lista: Martín Codax (A) que figura como un colexio de Bembrive, pero é o noso. O recomendable é usar -contra o que dicta o sentido común- o Explorer de Microsoft, xa que os programadores da páxina non pensaron nos outros navegadores e esta da problemas con eles (co Mozilla Firefox algúns enlaces non van). Foi divertido participar, e penso que quedoulles un xornal bastante digno (como os dos anos anteriores!!!). O día 30 (aproximadamente) sae a lista dos tres colexios de Galicia que pasan á seguinte fase. O día 30 de Maio, a lista definitiva de ganadores.

imprimir