E outra de robots

Atención a DASH (Dynamic Autonomous Sprawled Hexapod), o robot inspirado nunha cucaracha desenvolvido polo laboratorio de Biomimética da Universidade de Berkeley (California) feito con papel laminado cortado ao laser con algúns polímeros. Móvese moi depresa e pode caer dende 28 m e continuar co seu movemento como se nada. No vídeo, os autores do invento montan o mini-robot en 57 minutos! Vía Make Magazine Se hai alguén máis interesado no tema de facer robots, existe unha páxina magnífica para iniciarse no arte de construír estes aparellos: letsmakerobots