Proposta de traballo: Observade as diferenzas entre os tres bloques e redactade un traballo, a man, onde destaquedes diferenzas entre os tres bloques, exemplificando con citas dos textos. Trátase de atopar trazos lingüísticos diferenciadores que non teñamos visto na clase. Cualificación máxima de un punto sobre a nota final do trimestre. Data límite de entrega: 11 de Decembro.
Blog da escola
Dialectoloxía do galego
Esta semana, nas aulas de terceiro de ESO, estivemos facendo unha introdución á dialectoloxía do galego.
Para aqueles que teñan a curiosidade, deixo aquí o enlace a unha páxina do Consello da Cultura Galega onde se pode acceder a pequenas gravacións de xente de cada un dos tres bloques dialectais.