Día da Terra

Hoxe é o día da terra e, desde a escola, este ano máis que nunca pareécenos importante propoñervos que aproveitemos a ocasión para nos parar a reflexionar.

Nun momento histórico como o que estamos a vivir, cando a consciencia sobre a crise climática e os seus extremos fenómenos é mais forte e urxente que nunca (Os incendios en Australia, a peor invasión de langostas en Kenia, por só citar os máis recentes), agora enfontámonos ao COVID-19, unha pandemia sanitaria mundial cunha forte relación coa saude do noso ecosistema.

A crise climática, os cambios provocados polo ser humano na natureza, así como os crimes que perturban a biodiversidade, como a deforestación, o cambio de usos do chan, a produción agrícola e gandeira intensiva ou o crecemento do comercio ilegal de vida silvestre, aumentan o contacto e a transmisión de enfermidades infecciosas de animais a humanos, pondo en evidencia a estreita relación entre a saúde humana, animal e ambiental.

Queremos aproveitar un día como este, nunha situación como a que todos estamos vivindo, para lembrar, máis que nunca, que precisamos un cambio como civilización, cara a un sistema de vida máis sostible. E por iso, queriamos compartir con vós este interesantísimo artigo (enlace máis abaixo) de Yayo Herrero, unha das investigadoras españolas máis relevantes na crise Ecolóxica e social. Nel atoparedes non só unha chea de información e reflexións que nos parecen moi necesarias, senón unha serie de preguntas esenciais e de conclusións inspiradoras para este momento histórico que compartimos.

“Necesitamos comprendernos como persoas vulnerables, necesitadas das outras, desenvolver e reaprender a capacidade de facer cousas en común. A deliberación, a búsqueda e mantemento de consensos, o abandono da cultura do zasca e da política da humillación, a multiplicación de liderazgos compartidos, a imaxinación, o atreverse a poñer en marcha iniciativas e proxectos aínda que non teñamos permiso. Aprender a desfrutar e a vivir con alegría estes procesos é central para poder pensar e construír esas utopías cotiás, e sobre todo para mantelas”

 

Artigo:  En guerra con la vida, Yayo Herrero, ctxt, 3/3/2020

Vídeo:  Earth Day 2012, Michael Knight

 

Unha forte aperta dende a escola desexándovos moitos ánimos, forza e saúde.