Cinco días de luces laranxas

 

Cinco días de luces laranxas,

de medos,

de gadañas,

non borran a cor dos teus bicos.

 

Dez días de portas pechadas,

de tam-tam,

de sinal de arañeira,

non acougan a forza da túa aperta.

 

Quince días de lixivia,

de luvas como pel,

de boca embozada,

non esvaen o desexo da túa compaña.

 

Todos esperando tras do vidro,

            do parapeto, para sair

como estouro

de verdadeira primavera

 

             esa que faremos durar mil veces mil días.

 

Xacobe Bobillo


imprimir