Blog da escola

Devaluación continua

O historiador, escritor e profesor catalán Andreu Navarra (Barcelona, 1981) ven de publicar "Devaluación continua", unha reflexión sobre o estado da eduación secundaria en España. Nel sinala, entre outros asuntos importantes, a brecha social que se está a producir derivada da creación dun "ciberproletariado, dunha xeración sen datos, sen coñecemento, sen léxico. Estamos a ver o triunfo dunha relixión tecnocrática que evoluciona cara a menos contidos e alumnos máis idiotas. Estamos servindo á tecnoloxía e non a tecnoloxía a nos". Nel sinala a situación de abandono dunha parte significativa da poboación escolar (aproximadamente, segundo os seus datos, un 25%), asediada polas pantallas, deixada nas cunetas do sistema educativo e mal atendida por uns pais e nais que traballan dez ou doce horas diarias e que chegan exhaustos e mal pagados ás súas casas. A súa atención cara este segmento do alumnado que parece non importar a ninguén faille dicir: "o papel de ascensor social da educación está a fracasar e estamos creando bolsas de guetos, de persoas sen futuro”. Xunto a isto, reflexións importantes sobre o papel do profesorado, sobre as formas de ensinar e sobre o estatus da escola como centro de resistencia fronte a un presente que nos supera e nos angustia coas súas demandas infinitas.

Deixamos aquí, polo tanto, polo seu interese, os seguintes enlaces:

 

libro devaluacion continua