O pasado xoves a rapazada de 5 anos pasou o día na granxa escola Corazón de Carballo.
Gozaron da natureza, dos animais, dunha exquisita comida e dunha xornada fóra da escola onde compartiron novas experiencias e vivencias xunto cos seus compañeiros e compañeiras. Deron de comer aos animais, viron o proceso de crecemento dos pitiños tanto nos ovos como fóra deles, cantaron, bailaron, xogaron... Un día completo!
Deixámosvos algunhas fotiños na área privada.

