Blog da escola
convivencia lingüística
Ante os recentes ataques que a nosa lingua está a sufrir tanto por parte de colectivos dentro do noso país como outros procedentes doutras partes do estado, non me queda máis que manifestar o meu desacordo con aqueles que cren que o noso idioma, debilitado e en claro retroceso segundo a miña opinión, pode causar algún prexuízo ao castelán como lingua oficial para o conxunto de España ou aos seus falantes.
Eu só pediría que nos deixasen tranquilos, que para que o galego desapareza non precisamos da súa axuda, máis ben precisámola para mantelo vivo.