Contoplanet

Existe na app store de apple unha aplicación para iPad ou iPhone, denominada Contoplanet que nos permite baixar e ler contos infantís en formato dixital. Froito da colaboración entre Galaxia, Perro Verde e Milrayas, xa podemos descargar, por exemplo, o conto da colección árbore de Galaxia "Puag, que noxo", da autora galega Fina Casalderrey. Os que teñades a sorte de dispor destes artefactos demoníacos, podedes facer uso deles e, de balde, descargar a aplicación para despois lerlle o conto a calquera neno que teñades diante, e mesmo ensinarlle as ilustracións que, dito sexa de paso, son xeniais.