Blog da escola


Comeza o "Circula" para Quinto e Sexto

Continuando coa idea de desenvolver metodoloxías complementarias ás que desenvolvemos no día a día na escola, e facendo énfase nos aspectos positivos das pedagoxías activas que nos permiten implementar actuacións que melloran o noso proceso de ensinanza aprendizaxe, continuamos adaptando para o terceiro ciclo a experiencia que chamamos "Circula" na que, un día á semana, traballaremos do seguinte xeito:

 

Dúas primeiras horas: TEMPO PARA EXPERIMENTAR

Nestas horas desenvolveranse actividades encamiñadas a reforzar aqueles contidos educativos relacionados coas nosas áreas de coñecemento e que consideramos que precisan un tratamento significativo e poden complementarse interactuando entre si.

 

Terceira e cuarta horas: TEMPO DE INVESTIGAR

Nestas horas, mediante agrupacións baseadas en focos de interese, desenvolverase unha actividade de investigación, elaboración e exposición sobre unha ou varias temáticas previamente escollidas en asemblea.

 

Última hora: DIARIO DO DÍA

Que fixemos hoxe? Que aprendimos hoxe?  Que dúbidas nos quedaron ou que dificultades tivemos?

Temas, frases, descubrimentos… que son novidosas e nos fixeron pensar ou nos chamaron a atención.

Esas cousas coas que nos quedamos e que estariamos dispostas ou dispostos a explicárllelo a outras persoas.

Nesta hora final, mantendo os grupos dos obradoiros, desenvolverase unha actividade de reflexión e síntese.

 

 

circula 5 6 roda setembro 2018

circula 2018 obradoiro medida1

circula 2018 pintura rupestre2

circula 2018 pintura rupestre

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.