Blog da escola
comeza de novo o concurso "el país de los estudiantes"
Un ano máis convócase o concurso de xornalismo "el país de los estudiantes" dirixido a estudiantes de 2º ciclo de ESO e Bacharelato.
O noso colexio participou xa nas dúas edicións anteriores. Aínda non gañamos (no curso 2005/06 había preto de vinte mil participantes agrupados nuns mil xornais), pero só o feito de concursar é unha experiencia que merece a pena. Os profesores que xa participamos anteriormente somos: Xavi, Lourdes, Jaime e máis eu. Se hai unha cantidade suficiente de xente poderemos voltar a intentalo este curso.
En principio, o ideal é facer equipos dunhas quince persoas que estean dispostas a traballar duro durante varios meses, e, por suposto que lles entusiasme o xornalismo e teñan ganas de contar cousas ao mundo. A semana que ven convocaremos unha reunión para falar de todo isto coas persoas interesadas.