Blog da escola

Charla orientación académica 4º ESO

O pasado 11 de febreiro tivo lugar na escola unha charla de orientación académica dirixida ao alumnado de 4º da ESO. Contamos coa presenza de alumnado e docentes tanto de bacharelato como de Formación Profesional. O alumnado tivo a oportunidade de escoitar a experiencia en primeira persoa desde os dous puntos de vista do ensino-aprendizaxe. Tamén tiveron ocasión de explorar os diferentes itinerarios académicos que poden seguir desde que abandonan a escola ata que se incorporan á vida profesional.

Charla orientacion academica 1

Charla orientacion academica 2

Charla orientacion academica 4