Blog da escola


Celebramos o Magosto

Magosto14

 

Levamos toda a semana falándolle as nenas e nenos da escola da festa que máis nos gusta a nós. Esa na que podemos desfrutar dunha mañá ao aire libre ao redor da calor das fogueiras. Esa na que podemos mastigar un pouco de cultura nosa e bailar ao son das gaitas, pandeiretas e acordeóns.
Por iso estivemos preparándonos. Algúns días tratamos de apañar paos para o lume, e outros escoitamos música, bailamos e falámoslles de todo o que significa esta festa.


Por iso eles estaban tan ansiosos e nós tan alegres.
E por iso compartimos castañas, chourizos, danzas e risas todos xuntos. Coas distancias necesarias, pero todos xuntos.
Mirade na área privada, hai fotos da escola pequena.

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.