No traballo proposto para o día das Letras Galegas as mestras e mestres de primaria fomentamos unha aprendizaxe baseada no saber, sentir, crer, facer... dos e das demais.
Sabemos que as interaccións entre as e os educandos son unha moi boa ferramenta de aprendizaxe, por iso entendemos necesaria a aprendizaxe colaborativa e cooperativa. “o outro é alguén que tamén marca o meu aprendizaxe. Eu só ou sola non chego ao mesmo sitio que chego en cooperación cos demais, en grupo”.
Con ese espírito algunhas mestras de primaria déronlle forma á idea de creación duns cartaces que expresasen sentimentos cara o noso idioma, nunhas datas nas que se visibiliza un pouco máis na nosa sociedade unha lingua que todas e todos queremos.
A proposta f moi ben acollida por todo o colectivo de primaria da escola e nos enlaces de arriba amosámosvos o resultado: