CANDO FALAN OS QUE SABEN

Saíu estes días na prensa unha noticia referida a situación das linguas, concretamente tratábase dun informe da Unión Europea. Trala recompilación de información, un comité de expertos internacionais redactou e fixo públicas as conclusións deste informe. Este informe do Consello de Europa solicita que se aposte por unha educación total na lingua propia, superando o modelo bilingüe actual, pois cualifican de insatisfactoria a situación do galego nos colexios por ser o seu emprego moi baixo.