A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación e Formación Profesional veñen de convocar a décima edición dos campus científicos de verán dirixidos a estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. O periodo de rexistro comezou o pasado 19 de marzo e remata o 1 de abril ás 13:00 h. A participación ten lugar entre o 30 de xuño e o 27 de xullo de 2019 en catro turnos, existindo 20 prazas para unha estancia no CERN entre o 29 de setembro e o 12 de outubro de 2019. Tedes toda a info na web do proxecto.