Bombeiros e bombeiras por un día !!

 
O pasado venres 23, o alumnado de 1º de primaria visitou o parque de bombeiros de Vigo. Alí explicáronlles como é o funcionamento do parque e as funcións que desempeñan. Os máis atrevidos e atrevidas usaron a mangueira, probaron as máscaras, subiron ao camión e mesmo deslizáronse pola barra como auténticos profesionais !
Desde aquí aproveitamos para transmitir ao corpo de bombeiros o noso agradecemento pola amabilidade e a xenerosidade amosada durante toda a visita cara á rapazada.
  

IMG 20191028 WA0038

IMG 20191028 WA0038

 
  

Como sempre, podedes atopar as fotos da sáida na área privada da nosa web.

  

  


imprimir