BLOGS DE DIVULGACI

Deixo aquí por escrito, tal e como me pediron algúns alumnos, as condicións para facer o traballo da asignatura de Física e Química de 4º de ESO (grupo 1) consistente en desenvolver un blog de divulgación científica durante o curso:
1. Duración do traballo: do 1 de outubro de 2007 ao 31 de maio de 2008 2. Requisitos: 2.1. O número de autores do blog será unha ou dúas persoas. 2.2. Un post semanal como mínimo publicado entre as 00.00 h. do luns e as 00.00 h. do domingo seguinte. 2.3. Os contidos do post deberán estar relacionados coa materia que esa semana esté sendo desenvolvida na clase. 2.4. A extensión queda en mans dos autores: non se trata de cantidade senón de calidade. 2.5. Os contidos deberán ser redactados polos autores do blog. O menor indicio de "corta e pega" equivale a estar fora deste traballo. 2.6. Valorarase en especial: a) o interese e a orixinalidade dos posts; b) a creación de materiais propios: debuxos, gráficos, vídeos, animacións en flash, podcasts, ou calqueira outra clase de ferramentas; c) a claridade das explicacións e a correcta redacción dos textos; d) a creatividade nas exposicións, o inxenio nos temas escollidos e o atrevemento de ir máis aló do que é estrictamente materia de clase; 2.7. Todos os blogs participantes deberán ter activados os comentarios en todas as súas entradas. 3. Valoración: o traballo será evaluado por trimestre, engadindo entre 0 e 2 puntos á calificación da asignatura. 4. Ferramentas. Algunhas páxinas que permiten albergar blogs de xeito sinxelo: Blogger Blogia Blogsome La coctelera Hazblog 5. Comenzar: o vindeiro luns 1 de outubro as persoas interesadas en participar deberán entregar na clase de Física a seguinte información: a) Autor(es) do blog. b) Título do blog. c) Dirección do blog.