Blog da escola

Bicis na escola 2026

Bicis na escola 2026

Na nosa escola apostamos por un lecer activo, saudable e sostible. Por iso, puxemos á disposición do alumnado un parque de bicicletas.

Unha iniciativa que non só busca un espazo no que xogar; senón que pretende tamén ser unha ferramenta para desenvolver actividade física dun xeito divertido ou mellorar a psicomotricidade e o equilibrio.

Pero este espazo é especial: as bicis foron recuperadas e arranxadas polo propio alumnado. Un proxecto de economía circular no que os nenos e nenas aprenderon o valor de dar unha segunda vida aos obxectos.

Queremos que o patio sexa un lugar dinámico onde cada neno e nena poida aprender a moverse dun xeito diferente mentres desfruta do aire libre cos seus compañeiros e compañeiras.

Pedalea con nós cara a unha escola máis saudable!

Podedes acceder a máis imaxes na área privada.