As follas tremen aínda amarradas ás fortes pólas coma se riran polas cóxegas que o vento lles fai. Outras caen ao chan e contémplanas dende un colorido mosaico que elas mesmas fan coa súa danza ao descender.
É así como chega o outono á escola pequena, ou máis ben é como se percata a rapazada máis nova de que algo está a mudar no marabilloso entorno que nos rodea.
As riadas desa choiva sen tregua, que tanta falta facía converten os patios en charcas e lagoas nos que poder xogar e crear; observar e investigar ou simplemente emporcarse facendo paparruchas ou deixando pegadas de pingas por calquera lugar...
Benvido outono!