Avaliación da avaliación de diagnóstico.

Esta semana fixemos as probas de avaliación de diagnóstico tal e como se nos esixiu desde a administración. A verdade é que todo isto estivo rodeado de certo misterio (improvisación, máis ben) e ninguén sabía con exactitude en que ían consistir estas probas nin para que ían servir. Agora que as fixemos, non podo resistir a tentación de expor aquí o meu punto de vista (a título individual, por suposto) acerca de todo este circo, para que nais e pais, profesorado e alumnado poidan a partir de aquí sacar conclusións ou mesmo opinar.