As orixes celtas da festa do Nadal

O 21 de decembro, coa chegada do solsticio do inverno celebrase a antiga festa celta do "Alban Arthuan".O cristianismo marcou o día 25 de Nadal para lembra-lo nacemento de Cristo coincidindo coas celebracións profanas e desa maneira capitalizou a festa. Unha das razóns da rápida propagación da cristiandade por toda Europa durante o primeiro milenio débese precisamente á incorporación dos ritos, crenzas e costumes doutras relixións e culturas , tal e como xa fixeran os romanos na súa conquista.