Blog da escola

Andaina Mondariz 3º e 4º

A semana pasada inauguramos a tempada de saídas deste curso en 3º e 4º de primaria cunha andaina pola senda fluvial do río Tea ao seu paso por Mondariz Balneario. Ademais do contacto coa natureza foi unha oportunidade de coñecerse e interactuar a rapazada dos dous cursos, preámbulo do que farán tamén nos obradoiros e proxectos do "Circula".

Despois da camiñata e de atravesar a Ponte das Amolares, tocou repoñer forzas coa merenda ao carón da Praia Fluvial do Val.

Na Área Privada tedes máis fotos da saída.

Saida Mondariz 3 4 8