Andaina cos nenos e nenas de cinco anos

 

O pasado xoves os nenos e nenas de cinco anos fixeron unha pequena andaina pola beira do río Miño. Durante a mesma poideron intuir os primeiros sinais do outono e desfrutar da paisaxe da ribeira dun río, dos sembrados de millo e outras especies e do exercicio ao aire libre nun entorno natural. Tamén foi unha oportunidade perfecta para seguir coa sempre necesaria sensibilización na necesidade de coidado do medio máis próximo para preservar a sostenibilidade do planeta.