Blog da escola

Allariz 5º de Primaria

Allariz 5º de Primaria

Fai un par de semanas desfrutamos de tres días marabillosos en Allariz coas nenas e nenos de 5º de Primaria.

Tivemos a oportunidade de visitar o casco histórico, os museos da Moda, do Xoguete e do Coiro, o Ecoespazo de O Rexo, a Hípica, o Festival de Xardíns e de darnos un chapuzón na piscina.

Unha saída inesquecible na que fixemos de todo: aprender, convivir, pasear e xogar!

Podedes visitar a galería de fotos na área privada da escola.