Alegacións ao decretazo

Pois iso. Se non estades de acordo co borrador de decreto que a Xunta de Galicia quere aprobar, e segundo o cal, entre outras cousas, a nosa lingua pasa de ser obrigatoria no ensino no 50% das clases como mínimo a ser obrigatoria, como moito, nun 30%, podedes presentar as alegacións que consideredes oportunas. As alegacións poden ser enviadas por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. A plataforma Queremos Galego proponnos este modelo de alegación, ao que basta con engadir os nosos datos persoais. Déixovolo a continuación, así como o enderezo da plataforma para que lle enviedes copia do documento se decidides asinalo, e así poder ter unha idea aproximada do número de alegacións que se presentan e, por tanto, do caso que nos fan (ou non...) O enderezo da plataforma é: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Se queredes copiar e pegar o texto da alegación, premede aquí mesmo, en "ler máis"

imprimir