Polo seu interese deixamos aquí a nosa traducción do artigo "Children are tech addicts – and schools are the pushers", aparecido no xornal británico "The Guardian" o pasado 26 de xaneiro de 2018 firmado pola escritora Eliane Glaser.
A mocidade é adicta á tecnoloxía - e as escolas son os camelos
Cando altos directivos de Silicon Valley envían aos seus fillos a escolas "sen pantallas", por que temos que crer as demandas das industrias tecnolóxicas dixitais?
Como cultura, finalmente estamos espertando ao lado escuro da nova tecnoloxía. "Internet escachou", declara o último número da revista Wired, a biblia dos expertos en tecnoloxía. O mes pasado Rick Webb, un ex-inversor dixital, publicou un artigo nun blogue titulado "O meu internet mea culpa". "Estaba equivocado", escribiu. "Todos o estabamos." Acudiu aos arquitectos da web para admitir que a tecnoloxía nova traía máis dano que ben.
Porén, mentres os frikis, o público xeral e os políticos -incluíndo a Theresa May- medran no seu desencanto, escolas, e aqueles responsables do deseño do currículo nacional, parecen ancorados nunha era de perplexidade e asombro dixital. O meu instinto dime que esta inocencia é perversa. Como un amigo o describiu memorablemente, cando lle deu ao seu fillo de tres anos o seu teléfono para xogar, era como se un verme atopaba o seu sitio dentro da súa cabeza.
Eu retórzome de dor internamente cando a miña filla de cinco anos me di que xoga xogos de ordenador no que as escolas de primaria dan por chamar "tempo de ouro" máis que gozando dalgunha outra recompensa máis saudable; e sigo retorcéndome cando escoito a miña filla de oito anos dicir que aprendeu a enviar un correo electrónico; eu enviei o meu primeiro correo electrónico aos 20, e o correo electrónico tomou dende entón o control da miña vida e da doutros adultos que eu ben coñezo.
A nosa rapazada non usa ordenadores na casa. Miran un pouco a tele, pero non posuímos unha tablet. De ningún xeito a súa escola é evanxelical, senón tecnolóxica, porén, sinto como se está a desempeñar a función de camelo, e eu estou vendo como as miñas fillas se están a enganchar. O outro día, que estaban sospeitosamente tranquilas, atopeinas baixo a mesa da cociña explorando o meu teléfono. Desafortunadamente para elas, é un "mancontro", un "ladrillo".
A principio de mes o valedor dos nenos de Inglaterra advertiu que os nenos que comezan a escola secundaria afrontaban un salto inmenso no uso das redes sociais xa que entraban nun mundo conectado ao ciber-acoso e a pornografía. Segundo o Ministerio de Saúde Pública Inglés, o uso extensivo das pantallas vén asociado ao estrés emocional, ansiedade e depresión en nenos. A Universidade americana de Pediatría asóciao con problemas de trastorno do sono, a obesidade, o aumento da agresividade e a baixa autoestima.
E non só a tecnoloxía de pantalla é nociva per se para os nenos e nenas, hai pouca evidencia de que lles axude a aprender. Un informe da OCDE de 2015 atopou que o impacto dos ordenadores no rendemento do alumnado era "diverso, como moito", e en moitos casos os ordenadores danaban a aprendizaxe. A revista Frontiers in Psychology afirma sobre "unha falta de investigacións que apoien as teorías entusiastas de que os iPads ían revolucionar o ensino". Investigadores da Universidade de Durham atoparon que as intervencións tecnolóxicas tenden a producir só lixeiras melloras comparado con outras investigacións. Mesmo para o presidente de e-Learning Foundation, probar que a tecnoloxía mellora os resultados é como ter encontrado o "Santo Grial".
A tecnoloxía da educación está a miúdo xustificada baseándose en que impulsa os nenos desfavorecidos; porén, existen investigacións que afirman que máis que tender pontes, axiganta as diferenzas socioeconómicas. O programa “un portátil por cada neno”, o cal distribuíu 25.000 ordenadores de baixo custo con software de aprendizaxe para nenos e nenas no mundo desenvolvido, fracasou no cometido de mellorar os resultados en lingua ou matemáticas.
Tal evidencia non merma a fe dos propagandistas da educación tecnolóxica. Cóntannos que a rapazada precisa estar preparada para o futuro. Pero as empresas non queren persoas que aprenderon PowerPoint aos 10 anos, queren empregados que saiban pensar. De todos os xeitos eses programas de software que anubran a mente pronto quedarán obsoletos. A maioría de clases de linguaxe de códigos só ensinan a montar bloques xa predefinidos. Os directivos de Silicon Valley restrinxen o seu uso de medios de comunicación social propio e envían os seus propios nenos a escolas libres de tecnoloxía.
A tecnoloxía non evoluciona naturalmente; os programas e os dispositivos son promovidos por aqueles cun interese comercial en vendelas. Prevese que a industria da tecnoloxía da educación estea valorada en cento vintenove mil millóns de libras polo 2020. Esta semana, a convención mundial máis grande sobre a tecnoloxía na educación, Bett, é en Londres, "creando un futuro mellor para transformar a educación". Google, Microsoft e Facebook están vendendo caro o seu produto ás escolas utilizando apelativos como "compromiso" e "interactividade". A xerarquía tradicional unilateral de profesor - alumno ten que se lle dar a volta, "facultando" os alumnos para dirixir a súa propia aprendizaxe.
En realidade, a rapazada toca as tablets cuxo funcionamento interior é tan secreto e místico como calquera deidade autoritaria, e miran sen quitar ollo ao encerado xigante interactivo. Pode que os nenos e nenas se sintan enganchados temporalmente, pero os seus períodos de atención seguirán encollendo ao longo prazo.
A utopía cibernética promete balas máxicas para os pobres e os desgraciados da humanidade. Porén é a vella escola a que realmente funciona na aula: profesores bos, abundancia de exercicio e aire fresco, e mans a obra na exploración do mundo real e físico. Isto é incluso o que "os nativos dixitais" queren realmente: un estudo canadiano sobre a educación dixital na universidade revelaba que os estudantes preferían "leccións de vida real" e "unha persoa lista diante deles".
Eu non quero que os meus nenos sexan alimentados na máquina de salchichas de probas estandarizadas e na burocrática "economía de información". Eu non quero que eles se transformen en competidores robotizados dos robots que se usan agora nos seus futuros traballos. Podo optar a que os meus nenos estean fóra deste entorno, pero ata onde a tecnoloxía se refire, síntome ligado por unha cega determinación. Seguramente temos unha elección, como humanos, sobre a dirección que a tecnoloxía está tomando, e a educación é a ilustración perfecta desta capacidade. Os nosos e nenas aparecen como encerados en branco, e aprenden para deseñar o futuro. É hora de que as escolas se unan ao retroceso. É o momento para pensar outra vez.
Eliane Glaser é unha escritora, profesora universitaria e autora de “Get Real: How to See Through the Hype, Spin and Lies of Modern Life”