Un ano máis despedímonos de ti.
Da alegria que desprendes, desa maxia que ningunha outra festa emana.
Despedímonos das máscaras, dos cabezudos, da batucada e do merdeiro.
Pero agardando xa que voltes o próximo ano, con novos personaxes que ensinarnos e con máis foliada, se cabe.
Grazas, Entroido, por encher sempre a nosa escola cun algo especial, facéndonos sentir que o Martín Códax forma parte de ti coma ti de el.
Ata o ano que ven!
Deixámosvos máis imaxes na área privada.