A Xunta suprimirá os Premios Nacionais de Cultura

Era unha decisión esperada. A pesar de que dende o novo equipo da Consellaría de Cultura non se realizara unha confirmación oficial, dábase por sentado que os Premios Nacionais de Cultura, creados o pasado ano, non repetirían no 2009, cando menos con esta denominación.