Blog da escola


A VIAXE DO ROMÁNICO ( I )

Vista aérea da muralla romana de Lugo
O luns, día 18, os alumnos de 2º de ESO farémola viaxe do románico correspondente ao presente curso escolar. Como xa sabedes en primeiro lugar visitarémolo mosteiro de Oseira en Ourense Iremos despois a Lugo onde, entre outras cousas, verémola Catedral, o Museo e seguindo a tradición faremos o paseo nocturno polo adarve da muralla. O martes despois da visita ao mosteiro de Vilar de Donas en Palas de Rei, seguiremos cara a Compostela onde pasarémolo día estudiando fundamentalmente a catedral Non vos esquezades do caderno de traballo..., e se aínda non tendes claro coma vai ser a viaxe podedes ver a do ano pasado nesta web

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.