A situación de Palestina

Neste trimestre estivemos a ler en 4º de ESO o libro Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado. Quen teña interese por saber algo máis acerca da situación actual de Palestina, poderá asistir este xoves, día 12 de marzo ás 20.00h un coloquio na Casa Galega da Cultura de Vigo (Pz. Princesa, 2), coa presenza de Mohamed Safa, membro da Organización para a Liberación de Palestina. Consciente de que estamos en época de exames, e de que estaredes algo ocupados, non deixo de comunicarvos o evento por se alguén se sente interesado por saber algo máis acerca do absurdo que xa coñecemos no libro.

imprimir