Blog da escola


A realidade cultural galega, segundo Santiago Auserón

En ocasións dixen que consideraba a Santiago Auserón como un dos músicos do panorama español cun mellor criterio acerca do que fai e do que di, independentemente de que nos guste o estilo en que se move (a min, persoalmente, non me desagrada). Hoxe, trasteando pola web, atópome con este vídeo que confirma todo o que xa pensaba e mesmo o acrecenta. Velaquí como un señor nacido en Zaragoza e cunha ampla carreira musical asentada sobre todo en Madrid, pode ter unha visión máis clara e sensata da realidade cultural española e galega que os políticos que nos gobernan. Un aplauso para quen pensa antes de falar. Vía No Vento de Cavanardá.

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.