A opinión dos curas

Naquela listaxe de opinións que citei no seu momento acerca do que daquela era o borrador de decreto e que agora xa é "anteproxecto a debater na mesa sectorial", faltoume citar unhas declaracións dunha asociación de curas galegos, que tamén se manifestan claramente en contra do decreto e mesmo chaman aos bispos e a todos os crentes galegos a se situar en contra deste ataque frontal á nosa lingua. O comentario dunha lectora neste blog deume agora a oportunidade de completar esta información, así que, para os que queirades máis datos, picade aquí.