Blog da escola
A ILLA DE SAN SIM
O martes, 24 de Abril, visitaremos a illa de San Simón, colonia penitenciaria ou campo de concentración durante a guerra civil e os anos da II guerra Mundial - pechouse en 1944 -.
A súa historia xa a coñeces e nos próximos días verás as testemuñas dalgúns dos que alli estiveron.
Hai que realizar un traballo sobre a Illa no que deberás escoller só un destes tres momentos:
A illa na Idade Media
A illa como Lazareto.
A illa como campo de concentración.