A horta en verán

Na Natureza, como na vida, os procesos levan o seu tempo, e só pasado este, podemos ter unha visión xeral do acontecido e a súa evolución. Hoxe en día, neste mundo dixitalizado, global e frenético, moitas veces nos falta ese tempo de reflexión e pararnos para facer esa “mirada atrás” tan necesaria para medrar.

A horta é un claro exemplo dos procesos paso a paso e da evolución día a día, lenta pero sen pausa. Cando comezou o curso non era máis que un anaco de terra, ordenada en bancais iso si, pero sen nada máis. Co traballo dos nenos e nenas, desde os máis pequenos, e sobre todo eles, ata os maiores, foi tomando forma. Primeiro coa preparación da terra, logo coa semente, e despois co coidado das plantas día a día, semana a semana, que ían medrando case a escondidas. Regar, quitar herbas non desexadas, alimentar e controlar o composteiro, xestionar os recursos…

Os tempos non sempre son os que nos gustarían e, neste caso, pasa un pouco isto. Xusto cando estamos de vacacións e non hai rapazada na escola, é cando a horta mostra a súa máxima exuberancia. Chega o momento de recoller os froitos e quen máis traballou para conseguilo non está presente, case parece o guión dunha obra de teatro “traxicomedia das plantas que quedaron orfas”. Tentaremos retrasar ao máximo este momento a ver se algún froito (tornasol, fresas, tomates…) chega a setembro e podemos comezar o curso cunha pequena colleita.
Mentres, polo menos, aquí queda unha pequena mostra da evolución para que gocedes do actual estado da horta.

Bo verán e boas vacacións.

 

 Horta evol 11

Horta evol 11

Horta evol 11

Horta evol 11

Horta evol 11

Horta evol 11

Horta evol 07b

Horta evol 11Horta evol 11

Horta evol 08b

Horta evol 08b

Horta evol 11

Horta evol 11

Horta evol 11