Blog da escola
a historia da arte (ou parte dela) da man de bob esponja
Para celebrar o décimo aniversario do personaxe de debuxos animados (creado polo biólogo mariño Stephen Hillenburg), o Pavillón da auga de Paris ven celebrando, dende o pasado 10 de xullo e ata o 21 de novembro, unha exposición na cal dez cadros fundamentais da historia da arte dos últimos cincocentos anos son recreados co protagonismo do tipo "que vive debaixo da piña no fondo do mar". Fronte a cada un dos cadros protagonizados por Bob unha reprodución da obra orixinal da conta do autor, do seu contexto e dos significados que contén o cadro escollido.
Poden verse todas as obras da exposición aquí.
(Se alguén anda pola capital de Francia nestes días, xa sabe, é obrigatorio visitar o Pavillón da auga. Para aprender Historia de Arte, claro, pero tamén para descubrir a historia do propio Bob)