Blog da escola
a cor do sangue e os estados de oxidación do ferro
Fai pouco alguén no colexio discutíame que o sangue que circula polo noso corpo é de dúas cores: bermella se vai polas arterias e azul se vai polas venas. A miña resposta só era unha: o sangue, vaia por onde vaia, é bermella. Pensei que a confusión era debida ás ilustracións dos libros de bioloxía, onde, para diferenciar os dous tipos de sangue, empréganse dende tempos inmemoriais -os meus libros xa traíán esas ilustracións- a cor bermella para as arterias e a azul para as venas.