Blog da escola


A arxila: Un proceso

A arxila: Un proceso

 

Arxilaweb

Emporcarnos, enchernos de algo que non sexamos nós, de algo descoñecido, dunha pasta, dunha sensación, dun proceso.

Nestas últimas semanas tivemos a sorte de contar con Xacobe, un dos mestres de plástica de primaria, co que desfrutamos  dunhas sesións creativas coa arxila.

A arxila, un material moldeable, cambiante, sensorial, un material co que experimentar a través do corpo e da mente, facilitándolles aos pequenos novas ferramentas e vías de expresión. Con ela poideron manipular en diferentes estados e cores. As súas pegadas transformáronse en murais rupestres, as follas e flores do noso entorno, nun estampado, e as súas mans moldearon bloques e formas, facendo e desfacendo, CREANDO.

 

 ARXILA3  ARXILA 2

Arxilaweb 2 2

arxila estampacion

ARXILA4

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.