Blog da escola

8M na escola

Un ano máis, os nenos e nenas da ESO toman as clases de primaria para facer de mestras e mestres nesta data tan importante. Despois de semanas preparando as exposicións e as actividades a realizar co alumnado de 4º a 6º de primaria, chega o momento da verdade. Nervios, preparativos de última hora, repaso mental do guión para, por fin, desfrutar ensinando e facer divertirse aprendendo.

Unha vez máis, a satisfación do traballo ben feito e, como non, o gustiño de volver a pisar as aulas de primaria aínda que esta vez o rol sexa outro. Un bo ensaio para a Semana Cultural, onde volverán a desempeñar a mesma función.

O profesorado tamén puidemos desfrutar de ver como van medrando e son capaces de facer fronte a ese reto de plantarse diante dunha clase e contar a historia deste día sinalado (e a necesidade da súa existencia) con rigor pero dun xeito ameno, orixinal e lúdico incorporando, como non, esa poderosa ferramenta de aprendizaxe chamada XOGO.

Co alumnado de 1º a 3º de primaria foron as propias mestras as que se encargaron das actividades relacionadas coa conmemoración do 8M.

Na área privada tedes algunha outra foto da xornada.

Actividades 8M ESO 0