5º e 6º dobraxe en galego

 

Nesta primeira avaliación, o traballo de galego feito polas mozas e mozos de quinto e sexto estivo centrado na xeración de preguntas, na investigación, no traballo en equipo, na autonomía e responsabilidade das e dos alumnos e na elaboración dun producto que neste caso foi a dobraxe dun documental sobre mitoloxía galega.

A pesar de todas as dificultades atopadas na súa elaboración, o que non leva lugar a debate é que enganchou ás e aos alumnos, e unha vez conseguido isto, chegamos a elaborar un producto final digno de calquera estudo de dobraxe profesional.

Por motivos de confidencialidade, algunha das voces aparece alterada no produto que se ensina a continuación. 

Agardamos que desfrutedes do visionado: 

 Clic para VER vídeo sobre Mitoloxía Galega