Actualidade

Visita Parque de Salvaterra co alumnado de 4 anos

Visita Parque de Salvaterra co alumnado de 4 anos

            Temos proxectada para o venres, 22 de outubro, unha divertida saída cos nenos e nenas de 4 anos ao Parque A Canuda de Salvaterra. Os obxectivos a traballar son:

  • potenciar o respecto e coidado do entorno natural
  • observar a actitude dos nenos e nenas fora da Escola
  • observar aos animais

Deberán levar roupa cómoda, traer un bocata, unha bebida (nen vidros nen latas) e máscara para a viaxe e autobus.

A volta será á hora de sempre.