Programa PILI Vigo 2020

Programa PILI Vigo 2020

Xa está aprobado o programa de inmersión lingüistica do Concello de Vigo (o PILI). En principio as bases ían estar dispoñibles o día 13 de marzo, pero de momento están sen publicar. Podedes estar ao tanto das novidades ao respecto no seguinte enlace:

https://www.vigoeningles.org/novas/index.htm

Podedes solicitar ao colexio a documentación necesaria para a inscrición no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Extraemos do correo que enviou o concello ao colexio o seguinte párrafo:

"O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DO LUNS 16 ATA O LUNS 30 MARZO, AMBOS OS DOUS INCLUSIVE, E A SOLICITUDE XUNTO COA DOCUMENTACIÓN REQUERIDA DEBERÁ PRESENTARSE NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE VIGO (VÍA PRESENCIAL OU TELEMÁTICA).

Ao fío do anteriormente exposto, hoxe mesmo está previsto que reciban no seu centro educativo por correo postal, todo o soporte documental específico desta iniciativa didáctica municipal, que tamén vai publicar o anuncio de difusión da convocatoria na prensa local(Faro de Vigo)este venres 13 de marzo. En todo caso, achegámoslle, en arquivos adxuntos en formato PDF: Tríptico e Cartel divulgativo do programa "Vigo en Inglés 2020", documento coas instrucións para poder solicitar a participación no programa, e comunicámoslle que TODA A INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE O ASUNTO DE REFERENCIA (BASES, FORMULARIO DE SOLICITUDE ...) ATOPARASE NAS WEBS www.vigoeningles.org/convocatoria E/OU www.escolasvigo.org/vigoeningles."

Descargar tríptico do programa