Tramites administrativos

Volta á escola. Inicio curso 20-21

Volta á escola. Inicio curso 20-21

21-09-20

Na sección circulares da área privada tedes unha circular con información importante para o comezo das clases na ESO previsto para esta semana.

 

17-09-20

Na sección Secretaría -> Calendario escolar ou na sección Axenda -> Calendario escolar desta web, tedes actualizado o calendario escolar de cada etapa educativa. (Na versión anterior faltaba por considerar como non lectivo o día 7 de decembro, establecido pola consellería de educación como día do ensino).

 

16-09-20

Neste enlace tedes unhas recomendacións sobre uso de máscaras e unha nota de agradecemento do equipo directivo.

 

11-09-20

A Xunta retrasa o comezo das clases da ESO. Novas datas:

  • 1º e 2º ESO -> comezo o 23 de setembro
  • 3º ESO -> comezo o 24 de setembro
  • 4º ESO -> comezo o 25 de setembro

 

05-09-20

Autorización de saída e formulario do bus da tarde asinado a man. Máis información neste enlace.

 

02-09-20

Na sección de circulares da web tedes os documentos que se enviaron aos correos das familias da escola pequena para o comezo do curso. Podedes consultalos ou descargalos aí.

 

01-09-20

Neste enlace podedes consultar as datas das reunións de presentación de curso. Este curso, debido á covid-19, só se fan para as familias de novo alumnado.

Tedes colgados na sección de circulares da web os documentos que se enviaron aos vosos correos con instrucións para o comezo do curso. Podedes consultalos ou descargalos aí.

 

19-08-20

Desde a escola estamos preparando o comezo do novo curso. Nas próximas datas recibiredes información máis detallada, tanto a través da nosa web como por correo eléctrónico, polo que vos pedimos que os consultedes de cando en vez.

 

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.