Tramites administrativos

Curso online gratuito

Curso online gratuito

Onte xoves, 19 de maio, comezou o curso gratuito on line Menores e seguridade en internet, organizado pola AEPD (Axencia Española de Protección de Datos), polo INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do profesorado) e polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade).

O curso, que leva aproximadamente tres horas de formación e ten lugar do 19 ao 28 de maio e está dirixido á comunidade educativa, particularmente ás familias.

Responde a preguntas como: Que idade é a máis adecuada para usar o primeiro móbil? Como configuralo? Que riscos teñen os nenos e adolescentes ao navegar por Internet? Como evitalos? Que son as redes sociais? Que ferramentas usan con máis frecuencia no seu tempo de lecer? Como actuar ante unha práctica arriscada? Como ensinar aos nosos fillos, fillas e alumnado a facer un uso responsable e seguro dos dispositivos móbiles?

Estes son os temas do curso Menores e seguridade en internet, un curso en formato NOOC (Nano Open On-Line Course). No curso hai lecturas sobre os contidos propostos, vídeos, enlaces de interese e unha mesa redonda.

Desde a escola parécenos interesante polo que deixamos aquí o enlace para quen estea interesado en saber máis sobre o curso ou inscribirse nel.

https://www.aepd.es/es/prensa-y-comunicacion/blog/apuntate-curso-online-menores-seguridad-red

 

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.