Tramites administrativos

Agradecemento e máscaras

Agradecemento e máscaras

Estimadas familias:


En primeiro lugar, queríamos transmitirvos o noso máis sincero agradecemento polo colaboración que estades a demostrarnos neste comezo de curso respectando a organización de entradas e saídas asignadas. Sabemos o trastorno que isto supón para moitos de vós que tedes mais dun fillo ou filla na escola. Grazas a isto todo vai discorrendo con fluidez. Esperemos que na vindeira semana que comeza a ESO, continuemos igual.
Xa vos anunciamos que, de momento, o último protocolo da Consellería de Educación referente ás distancias de seguridade na ESO, vainos obrigar a facer algún cambio na distribución das aulas e, polo tanto, na organización de entradas e saídas dalgún grupo de primaria. Avisarémosvos con tempo.
O motivo desta circular é facervos algúns recordatorios e puntualizacións respecto ao uso das máscaras na escola. Xa sabemos que o alumnado ten a obriga de:

  • Levala sempre no centro dende 1° de Primaria.
  • Traer unha de reposto e algún estoxo ou bolsa onde gardala.
  • Levala sempre no transporte escolar con independencia da idade do alumnado.


Non hai instrucións claras referentes ao tipo de máscara que debe usar o alumnado pero nós recomendámosvos encarecidamente que sexan homologadas e que cumpran, polo tanto, a normativa vixente (podedes consultar o cadro adxunto).
Se todos usamos as que impiden a transmisión de góticulas teremos menos risco de contaxios.

 

Info máscaras


Aproveitamos tamén para lembrarvos a conveniencia de que as familias gardedes a distancia de seguridade e fagades un bo uso da máscara mentres agardades polos vosos fillos e fillas.


Moitas grazas pola vosa colaboración e, para calquera dúbida, xa sabedes onde nos tedes.


Un saúdo
O equipo directivo

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.