Saídas en bici co alumnado da ESO

Saídas en bici co alumnado da ESO

 

Como ven sendo habitual por estas datas, vanse realizar unhas saídas en bici no medio natural co alumnado da ESO.

Esta saída está organizada polo departamento de Educación Física e levarase a cabo sempre que o tempo o permita. Consistirá nunha ruta en bicicleta ao longo da "Ecopista", na marxe portuguesa do Miño, entre as localidades de Valença e Vilanova de Cerveira.

Para esta actividade deberán levar merenda e auga para media mañá e xantar para o mediodía, roupa e calzado cómodos,  protección solar e gorra.

A actividade desenvolveranse dentro do horario habitual de calquera martes (3º e 4º) ou mércores (1º e 2º), é dicir volta á escola ás 17 hrs.

Todos os participantes deberán entregar asinada a autorización e unha fotocopia do DNI antes da data indica na circular correspondente a cada curso.