Como ven sendo habitual por estas datas, vanse realizar unhas saídas en bici no medio natural co alumnado da ESO.
Esta saída está organizada polo departamento de Educación Física e levarase a cabo sempre que o tempo o permita. Consistirá nunha ruta en bicicleta ao longo da "Ecopista", na marxe portuguesa do Miño, entre as localidades de Valença e Vilanova de Cerveira.
Para esta actividade deberán levar merenda e auga para media mañá e xantar para o mediodía, roupa e calzado cómodos, protección solar e gorra.
A actividade desenvolveranse dentro do horario habitual de calquera martes (3º e 4º) ou mércores (1º e 2º), é dicir volta á escola ás 17 hrs.
Todos os participantes deberán entregar asinada a autorización e unha fotocopia do DNI antes da data indica na circular correspondente a cada curso.