Saída con 5º e 6º de primaria a un marabilloso entorno natural

Saída con 5º e 6º  de primaria a un marabilloso entorno natural

O vindeiro martes, 15 de xuño, faremos unha saída fora da Escola a un marabilloso entorno natural coas nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria. A saída será dentro do horario escolar.
Deberán traer a merenda (un bocata e unha bebida que non sexa de vidro nin lata), vir vestidos con roupa e calzado cómodos, bañador, toalla, crema solar e unha gorra.
Tamén deben levar dúas máscaras de reposto.

Voltaremos á hora de costume.