Proba de Orientación con 4º e 3º ESO no Lago Castiñeiras

Proba de Orientación con 4º e 3º ESO no Lago Castiñeiras

O departamento de Educación Física ten previsto para os vindeiros martes 8 de xuño (4º E.S.O.) e 15 de xuño (3º E.S.O.) a Proba de orientación no lago Castiñeiras.

Para esta actividade deberán levar merenda e auga para media mañá e xantar para o mediodía, MASCARILLAS, roupa e calzado cómodos, unha muda, protección solar e gorra.

A actividade desenvolverase dentro do horario habitual de calquera martes sendo o regreso ao Cole ás 16:45 hr.