Boas Martincodaxian@s!
Por fin imos celebrar o tan ansiado 50 aniversario ( en realidade, 50+ case 2...)
Neste espazo teredes toda a información relativa ao gran día!
Será unha festa para reencontrarnos, pasalo ben, vernos, rir xuntos, cantar, comer, bailar e lembrar.
Para a organización do evento precisamos da vosa colaboración. Co obxecto de ter unha estimación da xente que acudirá, así como doutros detalles, deixámosvos ao final de toda a información un pequeno formulario para que cubrades.
Para calquera dúbida que teñades podedes contactar con nós en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Grazas pola vosa colaboración!
Esperámosvos a tod@s!
INFORMACIÓN IMPORTANTE
- Data e horario. 1 de Xullo de 13:00 a 20:00 horas
- Lugar: Colexio Martín Codax
- Acceso: Poderedes acceder polas portas frontais da escola, pola Avenida do Aeroporto.
- Asistentes: Antigos/as alumnos/as da escola maiores de 18 anos, profesorado e traballadores non docentes da escola en activo ou xubilados. Por idade, a última promoción que pode asistir é a que cursou 4º da ESO en 2020-21.
Dado o elevado volume de asistentes previsto, pregámosvos que non asista ninguén que non cumpra estas características para podermos manter un aforo controlable.
Teremos un control de acceso ao recinto nas portas.
- Transporte: Haberá 3 autobuses gratuítos con 2 frecuencias horarias de subida e de baixada e deberedes inscribirvos como usuarios no formulario final. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.
-Subida: Saída ás 13:00 e ás 17:00 horas
- Baixada: Saída da escola ás 18:00 horas e ás 19:30 horas.
Os autobuses/ lanzadeiras sairán dende a Praza de España.
Outras alternativas de transporte: Liña de Vitrasa “9A”
Tede en conta que os vehículos particulares terán dificultades para atopar estacionamento nas proximidades.
- Almorzo e bebida: Haberá polbeira, “foodtrucks” e barras con variedade de bebidas para mercar durante todo o evento, incluíndo opcións veganas e opcións sen glute
- Merchandising: Haberá vasos, chapas, pulseiras e bolsas de tea para mercar no propio colexio a modo de recordo do evento. A maiores existe un modelo de camiseta e suadoiro co logo do 50 aniversario que non vai estar á venda no colexio pero que pode adquirirse neste enlace:
- Actos e música: Haberá música ambiente e unha zona de concertos. Como somos unha escola de grandes músicos, animámosvos a que traiades os vosos instrumentos para unha “Jam Session” ou “Sesión de micro aberto”.
VAS PERDELO? INSCRÍBETE XA!
Protección de datos persoais
Utilizaremos os seus datos para responder consultas e peticións. Para obter máis información sobre o tratamento e os seus dereitos, consulte a política de privacidade